Unha vintena de maiores aprenden a facer unha reanimación cardiopulmonar en Oroso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+
Clases de primeiros auxilios

Clases de primeiros auxilios

Unha vintena de maiores de Oroso participaron no curso de primeiros auxilios organizado a través do programa “Martes saudables”, unha iniciativa posta en marcha polo Concello de Oroso para achegar directamente aos nosos maiores temas relacionados coidado da súa saúde. Así, os veciños e veciñas de Oroso aprenderon da importancia de saber reaccionar con rapidez ante unha emerxencia e de avisar canto antes ao 061.

E, mentres chegan os servizos médicos, os maiores de Oroso aprenderon as técnicas básicas de reanimación cardiopulmonar, facendo incluso prácticas con bonecos. Ademais, aprenderon a recoñecer os síntomas dunha parada cardio respiratoria e dun ictus, así como a mellor forma de actuar diante dun atragantamento.

Reciclaxe

Coa chegada do verán, os “Martes saudables” tomaranse un pequeno descanso ata o mes de setembro, cando volverán cunha charla sobre voluntariado. Así mesmo, o vindeiro martes 10 de xuño terá lugar unha sesión especial sobre “Clasificación da reciclaxe”, coa que o Concello de Oroso quere implicar ao colectivo da terceira idade orosá nunha nova edición do seu programa de reciclaxe e concienciación medioambiental. A cita será o martes 10 de xuño, ás 17:00 horas, na Aula dos Maiores (Sigüeiro).

4 de xuño de 2014 | 20:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.