Unha trintena de socorristas vixiarán os arenais de Ferrol nos meses de xullo e agosto
O Concello de Ferrol continúa cos preparativos da nova temporada oficial de praias durante a que o litoral do municipio contará con catro bandeiras azuis, dúas máis que na pasada época estival, situadas nos areais de San Xurxo, Doniños, A Fragata e Esmelle. Así, a Xunta de Goberno Local celebrada hoxe acordou a encomenda de xestión a Trasgsatec da prestación do servizo de socorrismo e vixilancia nas praias do concello dende 1 de xullo até o 31 de agosto.
O servizo de socorrismo prestarase en horario ininterrompido de 12.00 a 20.00 horas de luns a domingo nas seguintes praias: Ponzos, Penencia, Santa Comba, A Graña, Caranza, Cobas, Esmelle, San Xurxo e Doniños. E o custe desta prestación ascenderá a 229.998 euros (IVE incluído). En total serán 31 os profesionais que velarán pola seguridade dos usuarios das zonas de baño do municipio, distribuídos da seguinte maneira: Doniños-Penencia: 8; Covas: 6; San Xurxo: 5; Esmelle: 4; Ponzos: 2; Santa Comba: 2; Caranza: 2; e A Graña: 2. Esta cantidade de socorristas y a súa distribución por areais podería reforzarse no caso de que así o precisara o servizo.











