Unha trintena de artistas participaron no pazo de Mariñán no VI Encontro coas Artes
Máis de trinta integrantes da Asociación de Artistas Plásticos Galegos participaron esta fin de semana na sexta edición do Encontro coas Artes “Espíritu de Mariñán”, que se organiza en colaboración coa Deputación.
Durante as xornadas de traballo, os artistas realizaron diversas obras tanto pictóricas como escultóricas, algunhas das cales pasarán a formar parte do patrimonio da Deputación.
Tal e como se fixo en anos anteriores, houbo xornada de portas abertas para o público xeral. Ademais, durante a mañá do sábado, o presidente da Deputación, Diego Calvo, visitou o evento para coñecer os artistas e as súas obras. Calvo salientou o “grande ambiente de traballo” que se dá no pazo e invitou aos protagonistas a gozar das paisaxes do lugar para as súas pinturas











