publicidade hoxe

Unha persoa resulta ferida tras saírse da vía un vehículo e envorcar na AP-9 en Padrón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPadrónSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha persoa resultou ferida tras saírse da vía un vehículo e envorcar na mañá deste luns na autoestrada AP-9 no termo municipal de Padrón (A Coruña), que provocou o corte dun carril.

O sinistro tivo lugar sobre as 9,33 horas no quilómetro 91 da AP-9 sentido Vigo, segundo os datos facilitados polo 112, que recibiu varias chamadas de particulares alertando do sinistro.

Segundo indicaron varios particulares, o vehículo estaba envorcado e dera varias voltas de campá. Foron mobilizados a Garda Civil de Tráfico, o 061, o Centro de Xestión de Tráfico e o GES de Padrón.

O 061 indicou que se mobilizou o helicóptero medicalizado e unha ambulancia asistencial, que foi a que finalmente trasladou a unha persoa ferida ao hospital compostelán da Rosaleda, segundo sinalaron fontes sanitarias.

9 de xuño de 2014 | 10:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.