Unha liña de axudas da Deputación destina 365.000 euros para que os concellos garantan a atención ós menores en risco de exclusión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra porá en marcha, de xeito inmediato, unha liña de axudas ós concellos por un importe de 365.000 euros para garantir a atención ós menores en risco de emerxencia social ou con dificultades alimentarias nos meses de verán.

A iniciativa foi presentada hoxe no Pleno da Corporación provincial por parte da deputada Marta Iglesias enmendando unha moción do PSOE que inicialmente demandaba para este fin 200.000 euros e posteriormente 2 millóns.

Marta Iglesias lembrou que a Institución provincial inviste 26 millóns de euros na Cidade Infantil Principe Felipe para atender a 160 nenos nun  proxecto de integración social, a pesar de ser ésta unha competencia impropia da Deputación.

A deputada informou que este verán quedaranse na Cidade Infantil 60 nenos, una cifra moi superior á doutros anos.

Lembrou tamén que, no marco dunha partida de 2,2 millóns para atención social, a Deputación aporta 300.000 euros a 73 ONGs da provincia que traballan no eido da emerxencia social.

27 de xuño de 2014 | 16:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.