Unha estudante de Cambre logra a máxima puntuación da provincia nun concurso da Universidade de Cambridge
Unha alumna do IES Afonso X O Sabio logrou a máxima puntuación de toda a provincia da Coruña nun concurso de inglés organizado pola Universidade de Cambridge. Trátase dun concurso escolar de inglés para secundaria organizado por “Cambridge English Language Assessment” (University of Cambridge), organización de carácter non lucrativo encargada da creación, organización e xestión de exames de inglés para falantes doutras linguas. Participaron un total de 600.000 alumnos en Europa (Alemaña, Austria, Francia, Suecia e España), 35.000 alumnos en España, dos cales 20.000 son de primeiro ciclo de secundaria, do mesmo xeito que os participantes do noso centro.262 alumnos na Coruña e 35 do IES David Buján.
O Primeiro posto provincial en 1º da ESO levouno a alumna Noa Viñas e o 75% dos alumnos cambreses deste ciclo obtiveron puntuacións superiores á media nacional. Ademais, o 65% dos alumnos do Alfonso X O Sabio de segundo da ESO obtiveron puntuacións superiores á media nacional.











