Unha delegación mexicana visita a CEO para estreitar lazos comerciais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorOurenseOurense
A-
A+
Visita da delegación mexicana á CEO

Visita da delegación mexicana á CEO

Así o deixaron de manifesto na visita realizada esta mañá á sede da CEO, onde os delegados de Tlanepantla foron recibidos por un grupo de empresarios co presidente, Pérez Canle, á fronte. Alfredo Martínez González, secretario do concello da localidade mexicana, destacou que a estancia en Ourense está a resultar moi satisfactoria e comentou que esperan que ‘esta irmandade entre os dous municipios sirva para consolidar unha relación de exportación e importación entre ambos’. Martínez fixo referencia tamén á gran cantidade de ourensáns e galegos que se dedican á hotelería e restauración tanto en Tlanepantla de Baz como en todo México, e destacou que neste municipio, moi próximo á capital azteca, están interesados sobre todo, en proxectos para o desenvolvemento urbanístico da zona.

En representación do Concello de Ourense foi Ana Garrido, concelleira de Educación e Cultura, a que agradeceu a visita desta delegación e tamén o que os empresarios participen na configuración da axenda destes días para que poidan visitar parte do tecido empresarial e, mesmo, desenvolver reunións de traballo, confiando en que isto poida ser “o primeiro paso para unha relación en continua correspondencia”. José Manuel Pérez Canle, como anfitrión da recepción na CEO, pechou a quenda de intervencións desexando que esta visita sirva para activar unha transferencia empresarial con este municipio mexicano e que sexa o xerme para establecer negocios, do mesmo xeito que para marcar máis axendas de traballo para o futuro.

Así mesmo, fixo un breve repaso dalgúns dos sectores máis puxantes da provincia como a lousa, o agroalimentario ou o vitivinícola. A continuación, a delegación mexicana, continuaba o seu itinerario empresarial coa visita a varias firmas dos polígonos industriais, que se pecha esta tarde coa prevista en Aceites Abril ás 17 horas.

24 de xuño de 2014 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.