Un total de nove candidatos optan as prazas de condutor de camión motobomba e peón forestal en Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Esta mañá a Granxa da Rúa acolleu as probas de selección para os dous postos, un de condutor de camión motobomba e outro de peón forestal, ofertados polo concello de Cangas para un período de dous meses.

Para a praza de condutor de camión motobomba presentáronse as cinco persoas seleccionadas pola Oficina de Emprego que realizaron unha proba práctica, de caracter eliminatorio, consistente no manexo e realización de manobras do camión motobomba e os accesorios do mesmo.

En canto ao posto de peón forestal, dos 5 seleccionados pola Oficina de Emprego, catro foron os candidatos que se presentaron á proba práctica na que se avaliaban a correcta realización das funcións propias dun peón forestal e o bo manexo das ferramentas.

Ambos exercicios estiveron valorados en 100 puntos dos cales era necesario acadar 50 para superalos con éxito.

18 de xuño de 2014 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.