Un total de 92 fogueiras darán a benvida ao San Xoán en Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Rexistro Municipal pecho onte o prazo para a presentación de fogueiras que se celebrarán este ano con motivo do San Xoán. Rexistráronse 92 fogueiras en distintas parroquias e barrios de Pontevedra por parte de asociacións e particulares que celebrarán a onomástica de San Xoán.

As normas ás que terán que axeitarse a instalación e queima das fogueiras son:

• Ter a súa disposición o teléfono móbil, en pleno funcionamento, facilitado na solicitude.

• As fogueiras terán que distar un mínimo de 15 metros ós edificios e árbores. O diámetro máximo de zona de combustión da fogueira será de 4 metros de ancho cunha altura máxima de 2 metros. Nun área de diámetro similar ó pao central da fogueira non poderán concentrarse os asistentes á festa.

• Os materiais a empregar na combustión serán leña, polas, toros de árbores e vellos materiais de madeira de calquera clase. Prohíbense os pneumáticos, plásticos, latas, botellas,materiais con P.V.C. en xeral, e similares, así como botar aerosois, aceites ou líquidos combustibles e/ou calesquera substancias explosivas. Lémbrase que un bote de aerosol,aínda vacío, pode orixinar unha explosión importante. Prohíbense as fogueiras baixo tendidos eléctricos, telefónicos, etc.

• Prohíbese a realización de fogueiras sobre vías públicaspavimentadas, xardíns ou zonas verdes en xeral.

• A organización terá que acatar as normas ou instruccións que poidan ditar os Axentes dos Corpos da Policía Local ou Corpo de Bombeiros.

18 de xuño de 2014 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.