Un total de 27 establecementos e 45 empresas participarán na Vigo Shopping Night
Abel Caballero presentou hoxe martes a segunda edición da Vigo Shopping Night, unha actividade de dinamización comercial e de ocio na que partipan 27 establecementos comerciais e 45 empresas. O venres 13 de xuño os comercios das rúas Príncipe, Urzáiz e adxacentes permanecerán abertos e con descontos desde as 19,00 horas ata a medianoite, mentres que a animación nas rúas estenderase ata as 02,00 da madrugada. Trátase, dixo o rexedor, dunha acción comerical e lúdica con música, actuacións, espectáculos acrobáticos, hostelería… “que suporá unha acción global de ocupación do espazo público”. Durante a presentación, Caballero precisou que nesta ocasión, ao coincidir esta iniciativa co partido da selección española, instalarase unha pantalla xigante nos aledaños da Farola de Urzáiz para poder seguir o encontro. O rexedor rematou augurando que a edición deste ano superará o do ano pasado e felicitando aos organizadores. O balance do ano pasado arroxa a visita de 4.000 persoas en 4 horas e un volume de ventas de un millón de euros.
Na rolda de prensa, tamén estiveron presentes Cándido Rial e Enrique Núñez, presidente e xerente, respectivamente, de Centro Príncipe-Zona Comercial Urbana, ademais do concelleiro de Comercio, Angel Rivas.











