publicidade hoxe

Un total de 229 rapaces do Ceip Santa Baia participan na limpeza da praia de Barraña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+
Limpeza da praia de Barraña

Limpeza da praia de Barraña

Aproveitando a celebración do Dia Mundial dos Océanos o Concello de Boiro xunto coa asociación ecoloxista ADEGA organizou a 3ª XORNADA SIMÚLTANEA DE PRAIAS.

229 nenos do Colexio Santa Baia participaron esta mañá nesta actividade na praia de Barraña, o Alcalde e concelleiros de Medio Ambiente Juan Antonio Moledo e Ensino Mª José Lorenzo estiveron presentes e agradeceron os alumnos a súa colaboración.

A limpeza ten como obxetivo fundamental concienciar acerca da tipoloxía de residuos que se atopan nas praias e a súa incidencia nos océanos.

9 de xuño de 2014 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.