publicidade hoxe

Un total de 21 membros de corpos de emerxencia participan en Monterroso no curso sobre accidentes na estrada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMonterroso
A-
A+

Un total de 21 membros de equipos de Protección Civil e corpos de emerxencia da provincia participan dende mañá no curso formativo sobre prevención e intervención en accidentes de tráfico que a Xunta pon en marcha en Monterroso.

Este curso, de cuxa organización e de impartir a docencia encárgase a Dirección Xeral de Emerxencias, en colaboración coa Academia Galega de Seguridade Pública, estenderase ata o día 21 deste mesmo mes, e conta entre os asistentes con alumnos de cinco concellos da provincia: Lugo, Chantada, Becerreá, Palas de Rei e do propio municipio monterrosino.

O programa do curso tocará cinco puntos clave: introdución e conceptos xerais sobre os accidentes de tráfico; primeiros auxilios; excarceración; relación dos accidentes e o risco ambiental; e accidentes de mercadorías perigosas.

Esta actividade formativa, dirixida a agrupacións de voluntarios de Protección Civil e corpos de emerxencias, abranguen un total de 34 horas lectivas, distribuídas en horario nocturno (20.00 horas a 23.00 horas de luns a venres) e en horario de mañá e tarde os sábados (de 10.00 horas a 15.00 horas e de 16.00 horas a 21.00 horas).

Esta actividade, que achega ao final a primeira fase anual dos cursos de mellora formativa de agrupacións de Protección Civil e corpos de emerxencia na provincia de Lugo, está previsto que se vexa complementado con outros cursos desta índole ao longo do segundo semestre do ano.

11 de xuño de 2014 | 14:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.