Un total de 128 deportistas desputarán o Campionato de España de Tenis Alevín en Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaFerrol
A-
A+

A concelleira de Deportes do Concello de Ferrol, Susana Martínez Galdós, presentou esta mañá o Campionato de España de Tenis Alevín 2014, que se celebrará na cidade entre o 30 de xuño e o 6 de xullo. A edil ferrolá estivo acompañada polo xefe provincial de deportes da Xunta de Galicia, Roberto García; o xerente da Federación Galega de Tenis, Chisco Pardo; e o presidente do Club de Campo, Álvaro Sánchez.

Un total de 128 deportistas pertencentes a 19 comunidades autónomas disputarán esta competición nacional. Os partidos se desenvolverán en nove pistas de superficie de formigón, seis delas no Club de Campo e tres nas instalacións municipais de A Malata, todas renovadas recentemente. A edil Susana Martínez manifestou que “como todos sabemos o tenis na nosa cidade ten un número moito importante de practicantes cunha moi boa calidade técnica”. Neste senso, apuntou que “estou segura que será un éxito de organización e público”.

Ademais, a concelleira responsable de Deportes tamén quixo agradecer aos organizadores “que escollera Ferrol como sede, porque isto servirá para que durante estes días a cidade este chea de deportistas e visitantes de toda España”. O Concello de Ferrol patrocina este campionato nacional de tenis en categoría alevín que está organizado pola Federación Española de Tenis, a Federación Galega de Tenis e o Club de Campo de Ferrol.

25 de xuño de 2014 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.