Un grupo de estudantes americanos coñecerán a cultura galega vivindo con familias de Soutomaior

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorSoutomaior
A-
A+
Visita dos estudantes americanos

Visita dos estudantes americanos

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, deu esta mañá a benvida a un grupo de estudantes estadounidenses que o CEIP Manuel PadínTruiteiro recibe dentro do seu programa anual de intercambio coa Newark Academy de New Jersey.Acompañados polo rexedor local, e os alumnos locais que participan no programa, os novos estudantes americanos admiraron a beleza de algo tan singular para eles como é a fortaleza medieval do Castelo de Soutomaior.

Trátase dun grupo de 22 alumnos procedentes da cidade de Livingston que teñen por diante teñen 13 días de auténtica cultura galega.Na súa visita gozarán dunha etapa do Camiño de Santiago, unha viaxe en catamarán, a praia da Lanzada, unha poxa de peixe na lonxa de Ribeira, as termas de Ourense e até unha visita guiada polas bateas da ría. Para comezar, hoxe tocaba coñecer un elemento inexistente na cultura americana, unha auténtica fortaleza medieval, o Castelo de Soutomaior.

Acompañado pola edil de Cultura, Dores Cernadas, o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, quixo dar a benvida a estes alumnos e compartir con eles algúns detalles do Castelo. Do mesmo xeito o edil aproveitou a ocasión para felicitar aos coordinadores do programa polo seu traballo á vez que destacou que estas iniciativas se prolongan no tempo moito máis do que duran os programas. Forxan amizades entre os alumnos que duran para sempre”.

Este é un dos elementos que tamén destaca a coordinadora americana, Teresa McNeilly, “Empezamos fai seis anos e xa temos mozos, que aínda que non están no programa, viaxan connosco e quedan coas familias coas que estiveron hai anos”.

Ao terminar a visita polo conxunto da fortaleza, o grupo gozou dun pequeno convite de produtos típicos da zona animado por un grupo de música tradicional galega. O alcalde, Agustín Reguera, despediuse dos alumnos agradecéndolles a súa visita e mostrándolles os seus mellores desexos para a súa estancia. “Que gocedes esta experiencia e oxalá volvades pronto”, asegurou o edil.

Este programa pretende que os alumnos coñezan outra cultura, o seu idioma e os seus costumes a base de actividades pero a tamén grazas á convivencia coas familias locais. “As actividades son importantes, pero onde de verdade aprenden é vivindo aquí o día a día, con familias como as súas”, asegura McNeilly. Proba deste ambiente familiar que busca este programa está nas datas nas que se produce, sempre en vacacións para buscar o máximo tempo libre dos novos estudantes. A quenda dos alumnos de Soutomaior chegará o próximo 4 de setembro, cando partirán facía Estados Unidos e onde vivirán en primeira acode festas estadounidenses tan emblemáticas como Acción de Grazas, o coñecido·”Thanksgiving”.

20 de xuño de 2014 | 12:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.