Un grupo de escolares vigueses visitan Cangas

Visita a Cangas dos escolares vigueses
Esta mañá foron recibidos na Casa do Concello un grupo de 69 alumnos e alumnas de primaria do colexio Santiago Apóstolo dos Xesuítas de Vigo que pasaron todo o día en Cangas como parte do seu programa de actividades do campamento urbano que desenvolve o centro educativo vigués durante os meses de verán. Os rapaces e rapazas foron recibidos polo alcalde de Cangas José Enrique Sotelo no Salón de Plenos. No acto o rexedor cangués sinalou os encantos da vila canguesa entre os que resaltou as 38 praias e os seu rico patrimonio histórico e artístico. Os colexiais realizaron varias preguntas sobre a vila e o traballo municipal, ao finalizar realizaron un percorrido polas instalacións municipais.
Esta visita serviu para abrir unha xornada de visita a Cangas na que tamén se desenvolveu un xogo de cidade polo centro urbano seguido pola tarde da realización de diversos xogos na céntrica praia de Rodeira.











