Un grupo de alumnos do Carballiño e Boborás pasarán unha semana en Irlanda

Estudantes que participan na viaxe
Un total de 13 alumnos dos institutos do Carballiño viaxan este xoves rumbo a Irlanda, para formalizar así o primeiro intercambio entre estudantes dos dous países. En total son 12 alumnos do Carballiño e unha de Boborás, xa que son estes dous concellos os que organizaron o intercambio e o futuro irmandamento coa localidade irlandesa de Oranmore.
Os mozos e mozas do Carballiño pasarán 7 días en Irlanda, aloxados en casas familiares, compartindo e descubrindo as constumbres e o idioma das súas familias de adopción, así como a cultura e as tradicións irlandesas.
Pola súa banda os alumnos irlandeses devolverán a visita aos seus compañeiros do Carballiño e Boborás, durante a primeira semana de agosto, onde descubrirán a cultura galega, as nosas tradicións e poderán gozar de algo único e inigualable como é a Festa do Polbo.
Este intercambio xurdiu a finais do pasado ano, cando a senadora Irlandesa Fidelma Healy, visitou O Carballiño e Boborás, convidada pola fundación Antón Losada.
Así desde os dous concellos remitíronse escritos para os alumnos de todos os centros educativos da vila que imparten a ESO, para que os interesados se inscribisen neste proxecto.
Finalmente, e tras a selección realizada, foron 13 os alumnos que viaxan a Irlanda, desde este xoves 19 de xuño até o 26 do mesmo mes. Partiron ás 13:00 horas, desde a praza maior do Carballiño, onde foron despedidos polo alcalde da vila, a súa homologo de Boborás, a edil de Educación e o tenente alcalde do Carballiño.











