Un barco pirata encalla nas Cancelas
As Cancelas será escenario desde hoxe de todo un parque temático en forma de barco pirata.
Esta actividade, dirixida aos máis pequenos, contará cun parque infantil con rocódromo, un tobogán dobre, un tobogán en espiral e unha piscina de bólas. O parque infantil terá forma de barco ao que non lle faltará unha contorna mariña con golfiños, estrelas de mar, recoiro xigantes, polbos e todo tipo de peces.
A ambientación será completada cunha orquestra de chimpancés autómatas que amenizarán o centro comercial coa súa música estival.
Tras o éxito da festa de aniversarios do Club de Celi, As Cancelas volve converterse nun referente do lecer pensado para as familias.











