Ultímase o acondicionamento e a colocación de 42 esculturas de temática mariñeira en Punta Moreiras, no Grove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO GrovePontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra ultima a obra de acondicionamento de Punta Moreiras, no Grove, e a instalación de 42 esculturas de temática mariñeira, para poder inaugurar o conxunto escultórico, de ocio e medioambiental, na primeira quincena do vindeiro mes.

A Escola de Canteiros da institución provincial xa rematou a colocación do faro _a última escultura en  pedra que faltaba_ e só lle quedan por instalar 8 hamacas de pedra que servirán de zona de descanso e para tomar o sol aos visitantes, así como acondicionar o entorno.

A Deputación de Pontevedra prevé que o conxunto escultórico poida ser inaugurado oficialmente na primeira quincena do vindeiro mes, no entorno da festividade da Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros.

O conxunto de Punta Moreiras ten como finalidade, precisamente, servir de homenaxe ás xentes do mar cunha obra de grande importancia medioambiental (pola súa integración na natureza e pola súa simbiose co Museo de Salazón próximo) que se converterá nun espazo de ocio, información e punto de atractivo turístico.

As 42 esculturas, xa instaladas, conforman un conxunto de edificacións, figuras humanas e animais, alusivas ao mar e reproducen os símbolos máis característicos del e dun porto pesqueiro pois reproducen artes de pesca tradicional, a fauna mariña típica das costas galegas e as actividades que, aínda que se desenvolvan en terra, están estreitamente vencelladas ao mar.

As 42 esculturas xa instaladas agrúpanse en cinco zonas:

A zona 1, con peixes e un mariñeiro, inclúe 6 esculturas. A dúas, representa unha Lonxa con outras 6 pezas en pedra. A zona tres son 12 esculturas de nenos e aves. A catro é o espazo dos peixes, reproducidos en 11 esculturas de pedra. E a cinco, inclúe 7 pezas de redeiras, tartarugas, un neno, unha cola de balea y varias hamacas.

24 de xuño de 2014 | 13:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.