Ultímase a organización do banco de libros de texto de Cangas
A Casa da Xuventude de Cangas acolleu unha reunión para ultimar a organización do Banco de Libros de Texto, que se porá en marcha a partir do próximo 23 de xuño, coincidindo co remate do curso escolar
A esta reunión asistiron o Concelleiro de Cultura, José Luís Gestido, Técnicos da área, Cangas Voluntaria e representantes das ANPAS dos centros escolares do municipio.
Os temas que se trataron foron:
– Organización y estructura da recollida de libros e entrega de solicitudes
– Nomeamento da Comisión de seguemento
– Voluntariado para a xestión do Banco de Libros de Texto
O vindeiro sábado 21 de xuño ás 13.00, na Casa da Xuventude, realizarase a presentación pública do Proxecto de Bancos de Libros de Texto 2014.
Cangas, 17 de xuño de 2014











