Últimas prazas para os cursos de natación de Carral que se impartirán no mes de xullo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarral
A-
A+

Co fin de cubrir a demanda que desde o Concello de Carral está a detectarse, a concellaría de deportes está a ofertar uns cursos de natación para nenos/as de até 15 anos. As datas previstas son do 1 ao 31 de xullo, no que os nenos poderán aprender ou perfeccionar as súas habilidades sobre a auga nas piscinas municipais exteriores.          

Moitos dos mozos xa inscritos acudiron en anos anteriores aos cursos organizados polo concello, polo que é de esperar que a maioría destes alumnos acudan a “perfeccionar” o seu estilo.   

Os cursos organizaranse en grupos segundo as idades, e dentro de cada grupo estableceranse os niveis de iniciación e de perfeccionamento. Impartiranse en horario de mañá, en tres grupos (grp.1 de 11.00 a 11.45 h, grp.2 de 12.00 a 12.45 e grp.3 de 13.00 a 13.45 h) e por monitores especialistas na modalidade cunha duración de 45 minutos por sesión de luns a venres. O prezo do curso será de 28 €/alumno todo o mes.   

Para todos aqueles interesados poderán informarse ou inscribirse no Centro Deportivo de Carral, (tlfo. 981.67.25.80) até o día 30 deste mes.

27 de xuño de 2014 | 11:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.