Tui entrega dunha subvención de 1.862 euros a Acolle para unha actividade de musicoterapia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+
Entrega da subvención a Acolle

Entrega da subvención a Acolle

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, como deputado provincial fixo entrega no día de onte dunha subvención por importe de 1.862 euros á Asociación Acolle para a realización dun proxecto de Mantemento da Actividade de Musicoterapia a realizar na Residencia Paz y Bien en Tui. O alcalde entregou a subvención á voceira de Acolle, Elena María de Saa, acompañado pola concelleira de Servizos Sociais, Olga Montes.

Esta achega da Deputación Provincial forma parte das subvencións dirixidas a entidades de Iniciativa Social no marco da prestación de Servizos Sociais de Atención Especializada, que se leva a cabo dende o Servizo de Servizos Sociais e Promoción de Emprego da institución provincial.

Acolle é a Asociación Galega de Residencias e Centros de Anciáns de Iniciativa Social. A Residencia Paz y Bien, situada na rúa Sarabia de Tui, é unha das once residencias ou centros galegos que integran Acolle.

24 de xuño de 2014 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.