Triunfo de Aroa Freije no Open Internacional de Perpignan

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+

A lucense Aroa Freije segue sumando triunfos. O sábado logrou a vitoria individual no Open Internacional de Perpignan mentres que Raúl Blanco foi terceiro. Este torneo é unha proba internacional de alto nivel con deportistas de seis países. Aroa mellorou o seu rendemento na súa disciplina máis débil que é a esgrima e conseguiu manter o nivel de tiro na combinada a pesar do fortísimo vento. Ao final, a galega gañou a natación, foi cuarta na esgrima e primeira na combinada. A maioría dos deportistas tiveron serias dificultades para completar os brancos do tiro antes de finalizar o tempo permitido e os tempos de carreira víronse tamén afectado polo vento. Pola súa banda, Raúl fixo o quinto mellor tempo na natación, foi cuarto na esgrima (a só tres vitorias do primeiro) e terceiro na combinada. O domingo fixeron xuntos o relevo mixto. En natación gañaron cun tempo de 2’00. Con ese resultado deixaron a 17 segundos ao seguinte equipo na saída da combinada. Aroa iniciou o tiro sen un só erro e puxo xa distancia coas outras rapazas. Raúl, máis regular no tiro que o día anterior, completou a carreira sen abandonar o primeiro posto. Tras eles chegaron Ariadna Mora e Lluis Shivell, que fixeron tamén unha gran competición.

30 de xuño de 2014 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.