Tres equipos das EDC Verín participan nas fases finais do Campionato Galego de Fútbol 8

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

A sede da Federación Galega de Fútbol en Santiago o sorteo das fases norte e sur de alevíns, benxamín e prebenxamíns do Campionato Galego de Fútbol 8, no que participarán por primeira vez tres equipos das EDC Verín.

Os dous primeiros clasificados de cada grupo e categoría xogarán as semifinais da que os dous equipos que cheguen á final estarán clasificados para a fase final que se disputará na Coruña. Todas estas fases serán o 28 de xuño e unha semana máis tarde a fase final na cidade herculina. Os grupos por categorías quedaron da seguinte forma:

1. Alevíns (Zona Norte-Sede Ferrol)

Grupo A: Luis Calvo Sanz, Xuventú Oroso, EF Lalín e Victoria.

Grupo B: Xuventú Aguiño, Ural, Valiño Cabo de Cruz e Deportivo.

2. Alevíns (Zona Sur-Sede Portas)

Grupo A: Gondomar, Rápido Bouzas, Pabellón e EDC Verín A.

Grupo B: Areosa, Ponte, Val Miñor e Celta.

3. Benxamíns (Zona Norte-Sede Laracha)

Grupo A: Residencia, Deportivo, Orillamar e Santiago de Foz.

Grupo B: Victoria, Conxo, Laracha e EF Racing Ferrol.

4. Benxamíns (Zona Sur-Sede Monforte)

Grupo A: Ponte, Calasancio, EDC Verín A e Pabellón.

Grupo B: Santa Mariña, Celta, Areosa e Coruxo.

5. Prebenxamíns (Zona Norte-Sede Villestro)

Grupo A: San Tirso, Xuventú Oroso, EF Racing Ferrol e Victoria.

Grupo B: Calasanz, Ural, Narón Balompé e Olímpico.

6. Prebenxamíns (Zona Sur-Sede Ourense)

Grupo A: EDC Verín, Calasancio, Pabellón Promesas e Independiente.

Grupo B: San Martín, Cristo Victoria, Pabellón e AJ Lérez.

Trátase da primeira vez que as EDC Verín participan nestas fases finais cun representante en cada categoría (alevín, benxamín e prebenxamín), sendo o único club galego, xunto co Pabellón CF, que logra devandita participación nestas tres categorías.

19 de xuño de 2014 | 13:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.