Trece establecementos ourensáns son finalistas do Concurso de Pinchos Sabores de Ourense
A concelleira de Turismo, Mónica Vázquez, e o secretario de UHO, Javier Outomuro presentaron esta mañá os finalistas do Concurso de Pinchos Sabores de Ourense, na súa edición de Primavera de 2014, que mañá, xoves, 5 de xuño, avaliará o xurado profesional, ás 17:30 horas, no restaurante A Taberna.
O certame, que se desenvolve ata o domingo, 8 de xuño, en Ourense, conta coa participación dun total de 44 establecementos. Unha vez realizado o reconto de votacións, os finalistas son os seguintes:
Gula
La estación de Loman
Atarazana
Esenza
Fontefria
Tapa Negra
Portovello
A Feira
La Bodeguilla
D Luis
Restaurante Monterrey
Moucho
O Comellon
O resultado obtense da media aritmética da puntuación dos 4 xurados que esta primeira semana percorreron os establecementos participantes. Son 13 establecementos porque existe un triple empate.
O xurado está composto por
– Presidenta: Mónica Vázquez
– José González Solla – Fundador do restaurante Casa Solla. En 1965, Casa Solla é incluida na prestixiosa Guía Michelín. Sería o primeiro dos restaurantes españois en ser admitido na “biblia mundial da hostalaría”.
– Alberto Otero Tuñas, director da Escola de Hostalaría de Vilamarín
– Alfonso Lopez, blogueiro gastronómico de recetas de rechupete. Ourensán e autor de libros “Postres de rechupete” ou “Comer bien a diario” que xa vai na súa terceira edición e que estará en Ourense antes da súa sinatura de libros na feira de Madrid.
– Damián Seijas, actual campeón español de Coctelería con Café (SCAE Coffee and Good Spirits), un dos mellores baristas de España con numerosos premios e recoñecementos.











