Traballos de acondicionamento na piscina de Lousame previos á súa apertura ao público en xullo
O Concello de Lousame está a acometer estes días diversos traballos de mellora e mantemento nas instalacións da piscina municipal da Silva, de cara á súa apertura ao público a principios do vindeiro mes de xullo. Ademais de pequenas reparacións nas instalacións, durante esta semana estase a cambiar a area dos filtros do vaso da piscina. A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, agarda que os traballos estean rematados nos próximos días para que así a piscina poida estar aberta dende principios de xullo ata finais do mes de setembro.











