Torroso inaugura cun acto multitudinario o seu Centro Dotacional do Medio Rural
Os dous comuneiros de maior idade da Comunidade de Montes de Torroso descubrían, pasadas as sete da tarde, a placa conmemorativa da inauguración do novo Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso que celebrou esta mesma tarde. Ó acto, ademais de tódolos cumuneiros e a meirande parte dos veciños da parroquia, asistiron representantes das demais Comunidades de Montes do Concello de Mos, así coma das diversas asociacións veciñais, culturais e deportivas, ademais de veciños chegados das dez parroquias mosenses e numerosas autoridades.
Entre as autoridades presentes atopábanse, por suposto o presidente da Comunidade de Montes de Torroso, Camilo Granadal, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, Antonio Crespo, Director Xeral de Desenvolvemento Rural, Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra, José Manuel Figueroa, vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Marta Iglesias, deputada provincial, Sandra González presidenta do AGDR 18 MAIV–Baixo Miño e alcaldesa de Tomiño, Nelson Santos, alcalde do Porriño, ex alcaldes do Concello de Mos e os 17 integrantes da Corporación Municipal ó completo.
Este novo Centro Dotacional da parroquia de Torroso é xa unha realidade que foi posible gracias á Comunidade de Montes de Torroso, propietaria dos terreos nos que se asenta o novo edificio e que finaciou gran parte do proxecto, á subvención do AGDR 18 MAIV-Baixo Miño e á adecuación dos exteriores realizada pola Deputación de Pontevedra.
Como xa se dixo, este novo auditorio cun orzamento de preto de dous millóns e medio de euros, construiuse en terreos da Comunidade de Montes e con fondos da propia comunidade, que recibiu tamén, para axudar a financiar este proxecto, unha subvención do programa Leader Galicia do AGDR MAIV – Baixo Miño que ascendeu a 250.000 euros.
O edificio ubícase nunha parcela de 22.785 metros cadrados e as instalacións propiamente ditas ocupan 1.250 metros cadrados de superficie construída.
O centro consta de instalacións, equipamentos e dotacións rurais. O uso que se lle dará as estas instalacións será como auditorio no que levar a cabo diversas actividades do entorno rural da parroquia de Torroso, dinamizando a vida cultural sostible do rural en Mos. O edificio conta ademais cun estacionamento ó aire libre e aulas para exposicións temporais e permanentes.
O auditorio está equipado con aulas polivalentes, para realización de distintas actividades educativas, vestiarios e por suposto un gran salón de actos, -no que se celebrou o acto de inauguración desta tarde, que estivo amenizado musicalmente pola Banda Xuvenil e o Coro Infantil de Torroso- cunha ampla superficie destinada ás butacas onde se acomoda o público asistente ós distintos actos que acollan estas novas instalacións.
A Comunidade de Montes creu no seu día na necesidade na zona dun centro de referencia que permitira cubrir servicios específicos orientados a pontenciar a vida rural, este centro é hoxe xa unha realidade da que se espera sexa un medio dinamizador do medio rural no Concello de Mos, ó igual que a adaptación dos seus arredores. Con ambos preténdese apoiar e defender a cultura cun uso racional e sotible do espacio.
Este proxeto permitirá a mellora da calidade de vida no rural, mellorando as relacións grupais ó servir de centro de actividade, de educación e de cultura tanto ós comuneiros da Comunidade de Montes coma ó resto de veciños e veciñas da parroquia de Torroso en particular, e do Concello de Mos en xeral.
Neste proxecto contemplouse o emprego de enerxías renovables e técnicas de eficiencia enerxética, por medio de técnicas onde prima a mellor explotación do monte (biomasa, xeotermia, etc.), contribuíndo á prevención de lumes, implementación de sistemas de aforro de auga, de reciclaxe, etc. Trátase dun edificio con versatilidade de espacios.











