Tik-Tak Teatro representa “A muller que comezou a contar ata dez e xa non parou” en Lousame
A compañía Tik-Tak Teatro representará a obra “A muller que comezou a contar ata dez e xa non parou” este domingo 8 de xuño, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Lousame. Unha actuación organizada polo Concello de Lousame e pola Aula de Teatro da Vicerreitoría de Estudantes da Universidade de Santiago de Compostela. A entrada é totalmente libre e de balde.
Tik-Tak Teatro, compañía de teatro universitario da Universidade de Santiago de Compostela, representará unha peza escrita e dirixida por Gustavo García Dieste, da que os asistentes ao “Microteatro” organizado polo Concello de Lousame o pasado mes de maio xa puideron ver un adianto.











