Teresa Rabal chega a Vilagarcía co musical do “Veo Veo”
Teresa Rabal actuará o sábado 5 de xullo no Auditorio de Vilagarcía para divertir a nenos e maiores cun espectáculo musical de agora e de sempre. Temas tan populares entre diversas xeracións como Veo Veo, De Oca en Oca ou Me pongo de pie soarán no espectáculo “Veo veo. El musical”, no que a fantasía, a alegría e os xogos de toda unha vida completan os ingredientes deste espectáculo.
Con este espectáculo, Teresa Rabal ofrécelle a moitos pais lembrar a súa infancia e cantar cos seus fillos os temas cos que medraron e xogaron e que compoñen a banda sonora dos “nenos de 40 anos”. “Veo Veo, el Musical” é unha cadea de xogos musicais para alegrar a toda la familia, para o cal Teresa Rabal preparou un espectáculo dinámico e moi enérxico no que a acompañan un corpo de ballet e varios personaxes de ficción para unha posta en escena brillante e na que tamén interactuará o público presente.
Teresa Rabal percorre con este espectáculo éxitos musicais como El tren, La Pompa de Jabón, El Cochecito, La Muñeca Rebeca, El Barco de Papel, ou La Pelota Loca.
Os bailaríns do Ballet Duende e os bonecos xigantes (o can Napoleón,a Tartaruga Tomasa, o Grilo Viruta, Paco Papeiras…etc…) sorprenderán a nenos e adultos cons seus xogos, bailes e falcatruadas.
As entradas para asistir a este espectáculo están xa á venta a través da web www.servinova.com e da billeteira telefónica 902 504 500. As localidades infantís custan 12, 10 e 8 euros (zonas A,B e C) e as de adultos, 14, 12 e 10 euros, respectivamente.











