“Terapias en Sociedade” levou aos maiores de AFAL Ferrolterra ao teatro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O programa “Terapias en Sociedade” que promove AFAL Ferrolterra levou a semana pasada aos maiores da asociación ao Centro Cultural Agarimo de Sillobre, en Fene, para asistir á representación da obra teatral “Namórate de Lope”, da compañía Teatro Social de Branca Marsillach. Un grupo formado por 32 usuarios e usuarias do Centro de Día Terapéutico da entidade participaron na actividade, cuxo obxectivo é loitar contra o illamento dos enfermos e favorecer así unha vida social e cultural dinámica na medida do posible.

Nesta liña, a presidenta de AFAL, Milagres Prieto, lembrou que este tipo de patoloxías provocan que moitas veces a persoa que a padece senta perdida, illada do mundo, polo que a entidade busca crear un contexto de vida estimulante. Neste sentido, destacou que este achegamento aos recursos comunitarios constitúe un elemento crave para conseguir a normalización do alzheimer na sociedade. Por iso, AFAL Ferrolterra puxo en marcha este programa que, até a data, levou aos seus usuarios a museos, exposicións ou representacións teatrais. Sempre, tendo en conta os seus gustos, afeccións e intereses.

16 de xuño de 2014 | 13:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.