Tarefas de limpeza no ámbito da desembocadura do río Gafos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, continúa esta semana co zafarrancho de limpeza nas rúas da desembocadura do río Gafos: rúa San Roque de Abaixo, Os Peiraos e Palamios.

A limpeza realizarase na madrugada do xoves. Dado que se trata de zonas de estacionamento de vehículos e de carga e descarga, colocaranse valos indicativos prohibindo o aparcamento en toda a zona. A prohibición é efectiva dende a tarde do mércores.

A limpeza desenvolverase con varredoras, máquinas de auga e limpeza a pé. A concellaría solicita a colaboración de veciños e de condutores para acadar unha perfecta limpeza das rúas.

10 de xuño de 2014 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.