Tarefas de limpeza na avenida do Uruguai e no barrio da Moureira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, continúa esta semana co zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai e na Moureira (nas rúas da Fonte da Moureira, Rúa do Ouro…) no tramo comprendido entre as pontes da Barca e as Correntes.

A limpeza realizarase na madrugada do xoves.

Dado que se trata de zonas de estacionamento de vehículos e de carga e descarga, colocaranse valos indicativos prohibindo o aparcamento en toda a zona. A prohibición é efectiva dende a tarde do mércores. A limpeza desenvolverase con varredoras, máquinas de auga e limpeza a pé. A concellaría solicita a colaboración de veciños e de condutores para acadar unha perfecta limpeza das rúas.

3 de xuño de 2014 | 19:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.