Superbock patrocinará a programación de verán do Teatro Colón da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

Esta mañá presentouse a programación do Teatro Colón para os meses de verán, un total de 15 espectáculos e 28 funcións compoñen esta oferta que conta co patrocinio de Superbock negra sin. Trátase dun acordo temporal que deixa aberta a porta a unha futura colaboración estable.

Os bos resultados deste segundo ano de xestión do teatro:  incremento da ocupación dun 41 % a un 52%, aumento das funcións anuais de 158 a 180 ou a maior presenza nas redes sociais propiciaron este acordo. ‘Queremos convencer a base de trabajo de que merece la pena apoyar este espacio, apoyar la cultura’ afirmó Valentín Rodríguez –xerente do teatro- e engadiu que este esforzo veuse recoñecido coa inclusión do Teatro Colón no programa PLATEA do INAEM e coa invitación a pasar a formar parte da Red Española de Teatros e Auditorios.

Valentín Rodríguez falou tamén dos retos que se presentan no futuro y que se concretan en continuar tecendo redes de colaboración con outros espazos e entidades para tratar de crear sinerxías. A produción de espectáculos e as residencias artísticas son outros desafíos a curto prazo: ‘asumiremos la producción de un Don Juan Tenorio, de un infantil de gran formato con la Orquestra de Cámara Galega, la coproducción junto a Faraute de Insolación con María Adánez como protagonista y una residencia técnica de una compañía local’.

Roberto González –director de marketing de Superbock- confirmou que se trata dun apoio cultural que esperan continuar no futuro. ‘Estamos empezando a colaborar y queremos seguir andando con ellos e intentar sumar esfuerzos. El teatro cree en nosotros y Superbock cree en el teatro, hay interés por ambas lados’. Pola súa parte Mariel Padín –vicepresidenta da Deputación da Coruña- agradeceu o apoio de Superbock ‘hay que reconocer y agradecer el esfuerzo que hacen los patrocinadores para poder apoyar la cultura’

Entre os espectáculos que forman parte da programación estival destaca a estrea absoluta de Enfrentados con Arturo Fernández como protagonista ou a proxección de Encallados de Alfonso Zarauza co equipo da película e música en directo. Continuamos apoiando aos grupos locais coa programación do Ciclo de Teatro Candilejas Don Bosco, o concerto do Coro Cantabile ou do grupo La Compasita. Tango Nuestro, a segunda parte do infantil La Kalabaza de Pippa, a comedia Lo que vio el mayordomo, o Festival Internacional de Folclore ou o humor da comedia Resofocos e do último espectáculo de Bertín Osborne e Paco Arévalo completan a programación.  

18 de xuño de 2014 | 13:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.