Showcooking e ruta en bicicleta na fin de semana en Cedeira
Showcooking na praza da Marieta este sábado. Os Grupos de Acción Costeira, en colaboración co Concello de Cedeira, organizan mañá sábado un showcooking na praza da Marieta. A iniciativa, incluída no programa “Come o mar”, desenvolveráse entre as 11 e as 15 horas e, neste tempo, o público poderá interactuar co cociñeiro encargado de elaborar en directo diferentes pratos con peixes e mariscos da vila.
Nova edición do Día da Bici o domingo. O Concello de Cedeira celebra de novo este ano o “Día da Bici”. Terá lugar este domingo, 29 de xuño, con punto de saída no Parque do Sagrado Corazón ás 11 horas. Previamente realizaráse a inscripción. Organizado pola Concellería de Deportes, está dirixido a veciños de todas as idades e o percorrido discurrirá polas rúas do casco urbano. Ao remate, celebraráse un sorteo de agasallos.











