Sesión informativa sobre aforro na factura de electricidade en Ribadumia
A Unión de Consumidores de Galicia – UCGAL, en colaboración coa Deputación de Pontevedra e o Concello de Ribadumia organizan una sesión informativa cuxo obxectivo é proporcionar aos usuarios a información precisa para obteren o maior aforro posible na factura da electricidade.
Así, abordaranse cuestións relacionadas coas modalidades de contratación no mercado regulado e libre, as distintas tarifas, a potencia contratada e o equipamento do fogar.
Ademais incidirase nos cambios normativos que afectan aos sistema de facturación e familiarizarase aos asistentes co novo modelo de factura que será obrigatorio no mercado regulado a partires do 1 de outubro, estando os relatores abertos as posibles consultas e dúbidas plantexadas polos asistentes
A actividade terá lugar o próximo venres 27 de xuño na Casa da Cultura de Ribadumia as 20:00 horas e contará ca participación do Secretario Xeral da Unión de Consumidores de Galicia, Miguel López e da coordinadora Dolores Chapela











