Sesión extraordinaria da corporación municipal de Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

A Corporación Municipal reunirase mañá en sesión extraordinaria para aprobar a modificación das condicións financeiras do préstamo concertado no ano 2012 para facer fronte ó Plan de Pago a Provedores.

O concello de Monforte acolleuse no ano 2012 ó Plan de Pago a Provedores posto en marcha polo Goberno do Estado. Para levar a cabo o Plan, o Goberno Central obrigou ós concelloas a concertar un préstamo coas entidades bancarias que el mesmo designaba. No caso de Monforte foi con Bankia.

O Goberno modifica agora as condicións financeiras desas operacións, podendo os concellos pedir un ano máis de carencia ou diminuír o tipo de xuro. O concello de Monforte opta por esta segunda opción, rebaixar o tipo de xuro, asunto que someterá á aprobación da Corporación por vía de urxencia, xa que o prazo para poder solicitalo remata o día 21 deste mes de xuño.

O pleno extraordinario celebrarase este venres día 20 de xuño ás 11:00 horas.

19 de xuño de 2014 | 11:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.