Sergio Vallejo e Alex Bernárdez clasifícanse para a final de C-2 500 en Manes
Sergio Vallejo e Alex Bernárdez lograron clasificarse para a final de C-2 500 ao ocupar o segundo posto na súa serie. Foron os mellores galegos na primeira xornada no Campionato de Europa sub-23 e júnior que se disputa en Manes en Yvelines (Francia).
A xornada inaugural confirmou o bo momento do piragüismo galego. Roi Rodríguez, en K-1 500 e K-1 1000, disputará as semifinais na categoría sub 23. En ambas as probas ocupou o segundo posto nas series correspondentes. Aínda quedan por entrar en competición Adrián Sieiro, Natalia García e Cristina Noya.
Nos júnior, Sergio Vallejo e Alex Bernández lograron o acceso directo á final de C-2 500 ao ocupar o segundo lugar na súa serie. Tamén lograron clasificarse para as semifinais do C-2 1000 metros. Camina Aldana Morrison e Raquel Dacosta, en K-2 500, tamén estarán nas semifinais da súa proba.
O Campionato de Europa sub-23 e júnior disputarase até o vindeiro domingo. Oito padexeiros galegos son os que toman parte na competición.











