Seis atletas do EDC Verín Atletismo conseguen clasificarse para o Campionato Galego

EDC Atletismo Verín
O vindeiro sábado 07 de xuño, nas pistas de Balaídos (Vigo) terá lugar o Campionato Galego en Pista, no que estarán presentes seis deportistas pertencentes ao EDC Verín Atletismo.
A competición será nas categorías benxamín, alevín e infantil, e nas mesmas participarán seis mozos/as do Club de Atletismo verinense que conseguiron realizar as marcas mínimas para acadar a súa participación en devandito campionato autonómico -para iso débese acreditar unha das 16 mellores marcas galegas que realizasen durante esta campaña na especialidade que desexen participar-. Os/As clasificados/as son:
– Xoel Gago (50 metros e 1.000 metros benxamín masculino).
– Kiara Salgado (50 metros benxamín feminino).
– Álex Martínez (Salto de altura benxamín masculino).
– Antía Castro (500 metros alevín feminino).
– Anxo Losada (1.000 metros alevín masculino).
– Fiz Losada (500 metros e lanzamento de peso infantil masculino).
Uns éxitos que se corroboran o excelente traballo realizado polo Servizo de Deportes, nesta primeira tempada do Club de Atletismo, que levou aos/ás atletas integrantes no mesmo a conseguir numerosas medallas en probas deportivas como as do circuíto “Correndo por Ourense”, Carreira Pedestre Popular do San Martiño, Campionato Provincial de Atletismo en pista, “VII 10 Km Vila de Xinzo de Limia” e “4º Mini Trail- Andaina Pozo do Demo”.











