Sede de mal, Corbacho 3g, a Orquestra Sinfónica de Galicia e o concerto de Jorge Drexler nas propostas do Jofre de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A programación no Teatro Jofre e o Auditorio de Ferrol para o presente mes de xuño elaborada pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, iniciouse este domingo co ballet “La Bella Durmiente”, no teatro municipal e continuará cunha proposta cultural con ofertas para todos os públicos. Así o calendario de eventos culturais no Jofre inclúe a obra teatral para adultos “Sede de mal”,o espectáculo teatral Corbacho 3G, o concerto de Jorge Drexler dentro do ciclo Son(S) do Jofre e a función didáctica “Unha historia da musica”. No Auditorio de Ferrol este mes terán lugar os concertos da Orquestra Sinfónica de Galicia e de Juan Jesús Rodríguez.

Así as cousas, o calendario para o Teatro Jofre continuará este sábado, día 7, coa posta en escena da comedia “Sede de mal”, interpretada por Luis Iglesia e Xabier Deive e que dará comezo ás 20:30 horas. Os espectadores poderán gozar do humor, teatro e música ao vivo con blues e rock and roll “á galega” con dous dos personaxes máis importante da escena galega dos últimos anos. Así mesmo, o cantautor Jorge Drexler actuará o vindeiro sábado 21, dentro do ciclo de grandes concertos Son(S) do Jofre da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol. O gañador do premio Óscar á mellor canción orixinal se subirá ao escenario do teatro municipal a partir das 20:30 horas.

E o terceiro evento que acollerá o teatro municipal durante o mes de xuño terá lugar o vindeiro domingo, día 29. A función dará comezo ás 18:00 horas co concerto didáctico “Unha historia da música”, que dará a coñecer a riqueza sonora dos instrumentos de vento e metal a través dunha viaxe pola historia da música.

Actuacións no Auditorio

Por outra banda, a programación cultural que acollerá o Auditorio de Ferrol estará centrada no ámbito musical. Así, a cita máis inminente no novo equipamento ferrolán terá lugar o vindeiro xoves día 12 coa actuación da Orquestra Sinfónica de Galicia; e o sábado 14 subirá ao escenario do Auditorio Juan Jesús Rodríguez, dentro do ciclo de lírica que se estreo coa presenza por vez primeira en Ferrol de Ainhoa Arteta. Juan Jesús Rodríguez é un dos principais barítonos verdianos da súa xeración se subirá ao escenario a partir das 20:30 horas.

As persoas que teñan interese en asistir a calquera destes eventos poden retirar a entrada de maneira anticipada a través da páxina web do Concello de Ferrol (www.ferrol.es – apartado Axenda Cultural) ou no despacho do Teatro Jofre.

2 de xuño de 2014 | 19:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.