Santi Valladares visitou o campus do Santiago Futsal

Santi Valladares na visita ao campus
O Campus de Verán do Santiago Futsal continúa na súa segunda xornada, onde 26 nenos gozan aprendendo a técnica en fútbol sala, xunto con outras actividades de lecer e xogos, dirixidos polos monitores do club. Entre as diferentes actividades, tamén se organizaron visitas de diferentes membros do primeiro equipo do Santiago Futsal e esta tarde foi o adestrador Santi Valladares o que acudiu a Santa Isabel a charlar cos nenos.
Tras unha breve charla cos dous grupos formados no Campus, Santi Valladares xogou cos pequenos e contoulles as súas fazañas tanto como xogador así como adestrador.











