San Pedro de Nós queda sen festas patronais
A Comisión de festas de San Pedro de Nós comunica que este ano non se celebrarán as festas parroquiais que se celebran tradicionalmente o 29 de xuño en honra ao seu patrón, San Pedro. Esta decisión tómase despois de que os directivos da comisión convocasen hai varias semanas unha reunión para renovar cargos e reactivar a participación cidadá nesta organización.
A directiva pon a disposición dos veciños e veciñas interesados en formar unha nova comisión toda a documentación dispoñible así como á información necesaria para levase acabo este labor con éxito. A actual directiva fíxose cargo dos festexos fai tres anos despois dun primeiro parón de catro anos consecutivos sen festa.











