Salvaterra acollerá unha xornada de arte no parque que se prolongará ata agosto
O próximo 14 de xuño ábrese no Parque Público A Canuda de Salvaterra de Miño unha xornada de arte que durará ata o 3 de agosto.
Co lema “ARTE NO PARQUE” ábrese una xornada de mais dun mes onde tres artistas exporán as súas obras na aula de Audiovisuais do Parque Público A Canuda.
Xesús Franco, exporá do 14 ao 29 de xuño
Xesús Franco, escritor, ten como vocación a pintura. Pinta sobre ferro, madeira, pedra ou lenzo, mesturando técnicas; acrílico, esmalte en frío, verniz, tintas… Con numerosas exposicións en Galicia, preséntase en Salvaterra, onde vive hai anos.
Rosa Porto, exposición do 3 ao 20 de xullo
Nacida e afincada en Salvaterra de Miño, Rosa descubre a súa curiosidade dende moi pequena polo debuxo e a pintura. Esta inquietude é a que a leva a ser autodidacta neste campo dende a súa infancia. Nos seus cadros podemos apreciar as súas emocións e os diferentes estados de ánimo polos que atravesa.
Luís Iván, do 24 ao 3 de agosto
“Luís Iván Estévez. é un pintor pontevedrés, xove e pouco convencional. Nas súas composicións albíscanse as influencias del cómic e da fantasía”











