Sácase a licitación a organización do festival Rock in Cambre
A concellería de Cultura saca a licitación a organización do Festival Rock in Cambre que terá lugar o vindeiro sábado 2 no campo da feria. A licitación propón a tres grupos de RocK segundo se relaciona: Rosendo, Loquillo y Obús (ou similares en canto o seu nivel/ caché e estilo musical). Asimismo, actuarán, dous grupos locais de rock propostos polo Concello de Cambre. O concelleiro de Cultura, Santiago Ríos, asegura que o cartel poderá competirá con calquer festival de rock da península pola calidade dos artistas que coincidirán este ano en Cambre. “Creo que este ano será un dos mellores carteis da historia do Rock in Cambre e de toda a comarca, poque nun só día xuntaranse no campo da feira tres grupos de gran prestixio nacional do panorama rock”, apuntou Ríos. O concellerio espera que no mes de xullo se contrate o festival e poderanse dar os nomes oficiais dos grupos que finalmente participarán no festival.











