Saborosa fin de semana en Monforte con larpeiras e bicas tradicionais e innovadoras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioMonforte de Lemos
A-
A+

A Praza de Abastos de Monforte acollerá esta fin de semana, días 28 e 29 de xuño, un Mercado dedicado as larpeiras e as bicas.

Dous doces tradicionais serán os protagonistas deste mercado, pero a tradición pode combinarse coa innovación. Larpeiras e bicas de diferentes sabores farán as delicias dos padais máis esixentes e sorprenderán ás persoas que se acheguen ata o mercado.

Os establecementos encargados de achegar imaxinación, innovación e frescura, na elaboración das tradicionais bicas e larpeiras, serán: Cafés Conti, Panadería Caneda, Bicas Adán, Diseño del Sabor, e Pastelería Marisa.

O Mercado “Larpeiras e Bicas” permanecerá aberto o sábado día 21 dende as 11:00 ata as 14:30 h. e de 18:00 a 21:00 h., mentres que o domingo día 22 estará aberto soamente pola mañá, de 11:00 a 14:30 h.

25 de xuño de 2014 | 13:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.