Rueda visita as obras da Cidade da Xustiza de Ourense cun investimento de 17 millóns de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseOurense
A-
A+
Rueda visita as obras do Edificio Xudicial de Ourense

Rueda visita as obras do Edificio Xudicial de Ourense

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou esta mañá o desenvolvemento das obras do edificio xudicial de Ourense, onde confirmou que, tal e como se tiña comprometido o Goberno galego, estarán rematadas este mesmo ano para posteriormente iniciar o traslado, e destacou o importante esforzo orzamentario que está levando a cabo o goberno cas infraestruturas xudiciais.

Rueda, que estivo acompañado do presidente do TSXG, Miguel Ángel Cadenas, e pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxia de Galicia, Mar Pereira, onde destacou que se trata dun investimento histórico na Xustiza de Galicia, con case 17 millóns de euros que van permitir concentrar as dotacións xudiciais da cidade, con máis de 14.000 metros cadrados e capacidade para albergar 24 xulgados e 15 salas de vistas.

Ademais, a nova infraestrutura permitirá recuperar e mellorar todo o barrio do Couto e integrar a obra no seu entorno, mellorando as condicións dos veciños; ao tempo que fará que Ourense conte cunha Cidade da Xustiza moderna, funcional e á cabeza de toda Galicia e mesmo España.

A obra enmárcanse no Plan de Infraestruturas Xudiciais da Xunta, un ambicioso plan para dotar á xustiza das infraestruturas que precisaba e que as cidades galegas conten con edificios modernos e amplos, rematen cos problemas actuais de espazo e polo tanto faciliten o traballo aos funcionarios e melloren o servizo que reciben os cidadáns.

Precisamente o Plan de Infraestruturas Xudiciais foi un dos asuntos principais que se trataron na Comisión Mixta de Xustiza, que neste ocasión celebrouse en Ourense -na sede da Audiencia Provincial- para aproveitar a visita ás obras do novo edificio xudicial da cidade.

Ademais do bo ritmo das obras ourensás, lembrouse que Santiago xa conta cun novo edificio, leváronse a cabo importantes melloras en Ferrol e en Coruña xa se iniciaron as obras na Fábrica de Tabacos. Rueda destacou que para poder levar a cabo estas obras foi necesaria a colaboración institucional dos concellos, que son os que teñen que ceder os terreos para que a Xunta levante os edificios.

En canto á situación dos reforzos nos xulgados, destaca o enorme esforzo orzamentario que se está a facer dende a Xunta, con máis de 60 reforzos en toda Galicia, algúns fundamentais como no xulgado do accidente de Angrois, no número 1 de Lugo ou nos de preferentes.

Por último, a Comisión Mixta tamén analizou a situación do expurgo, que por primeira vez se leva a cabo, liberando espazo nos xulgados, eliminando todo o papel que sobra e permitindo recuperar aqueles documentos históricos dignos de conservación, pasándoos ao rico Patrimonio histórico de Galicia.

Plan Senda

No marco do Plan Senda expuxéronse os últimos avances na modernización tecnolóxica da Xustiza na Comunidade como a entrada en funcionamento a semana pasada a Axenda de Sinanalamento de Vistas a través do portal de Xustiza e a posta en marcha nas vindeiras semanas da presentación telemática de escritos e demandas a través de Lexnet.

Os avogados, procuradores e outros axentes xurídicos da Comunidade poderán presentar demandas de xeito electrónico ou incorporar documentación a un procedemento en marcha, a través do sistema Lexnet. A Xunta porá en marcha esta nova funcionalidade nas vindeiras semanas en órganos xudiciais das provincias de A Coruña e Pontevedra e implantarase de xeito progresivo en Ourense e Lugo. Galicia é unha das primeiras comunidades en activar este novo servizo

O sistema de comunicacións Lexnet permitía ata agora a Administración de Xustiza remitir notificacións electrónicas aos axentes xudiciais. Coa activación desta nova funcionalidade os profesionais do eido xudicial poderán presentar tamén demandas e escritos de mero trámite nos xulgados, é dicir, incorporar documentación a un procedemento en marcha.

Por outra banda, a semana pasada entrou en funcionamento a Axenda de Sinalamento de Vistas do portal de Xustiza www.exustiza.es, que facilita aos cidadáns a consulta online das vistas que se van celebrar nos órganos xudiciais dos concellos que son cabeceira do partido xudicial. A axenda permite realizar a busca da información en tres sinxelos pasos, selección de datas e lugar, selección do tipo de órgano xudicial e e número de órgano xudicial.

16 de xuño de 2014 | 18:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.