Ribadumia cubre a totalidade da demanda para a Escola de Ocio e Tempo Libre
A Escola de Ocio e Tempo Libre de Ribadumia que comeza o martes 1 de xullo contará con 58 participantes. Este programa, que pretende garantir a conciliación laboral e familiar dos usuarios, impartirase na Casa da Cultura de Ribadumia, onde gozarán das actividades lúdicas e deportivas que se organizan entre as 8.00 e as 14.00 horas. Alí poderán disfrutar de todo o seu entorno, coa Carballeira de Ribadumia, o parque infantil, os muíños do Batán… Un ano mais o Concello de Ribadumia adaptase a demanda dos seus veciños e cubrindo a totalidade das solicitudes que se axustan as bases aprobadas
Os requisitos necesarios para participar neste programa son que os nenos teñan entre 3 e 14 anos, estean empadroados no Concello de Ribadumia e que os dous pais traballen. Foron 70 as solicitudes presentadas, destas 58 cumprían os criterios esixidos, 9 foron excluídos por non estar empadroadas ou non xustificar a ocupación dos pais e 3 renunciaron a praza.
Desde a súa posta en funcionamento, a Escola de Ocio e Tempo Libre suma novos usuarios, principalmente nos meses de verán. Cabe recordar que este servizo municipal funciona durante todo o ano. Durante o curso escolar, desenvólvese polas tardes no recinto escolar de Barrantes, mentres que en xullo e agosto cambia o horario, xa que a meirande parte das familias teñen máis dificultades para conciliar nesa franxa horaria. Tamén durante o verán cambia a lugar das actividades, para buscar un entorno máis cómodo, con zonas verdes e instalacións máis amplas para mellorar a diversión dos pequenos, pero tamén para ofrecer maior comodidade para os usuarios. Desde o concello, a alcaldesa Salomé Peña resalta que “é un programa moi demandado polas familias. A súa calidade e funcionalidade atraen cada ano a participación de máis nenos. As nais e os pais están tranquilos porque saben que os seus fillos están atendidos por profesionais e, ao mesmo tempo, os nenos disfrutan das súas vacacións en compañía doutros rapaces e con actividades lúdicas”. Os rapaces están atendidos por tres monitores municipais e disfrutan de numerosas actividades lúdicas, culturais e deportivas. Entre o calendario de actividades inclúense xogos populares e deportivos, obradoiros de manualidades, animación á lectura, actividades ao aire libre… A Escola de Ocio e Tempo Libre de Ribadumia é unha das principais apostas do Goberno local para facilitar a conciliación dos horarios dos nenos coas xornadas laborais dos pais, xunto coa gardería municipal, a aula de acollida e o comedor escolar. De feito, a Concellería de Servizos Sociais de Ribadumia foi pioneira na comarca en poñer en marcha, hai máis de tres anos, este servizo que garante a compatibilidade dos horarios tanto no inverno como nas vacacións.











