Ribadumia convocará as axudas para adquirir libros de texto e material escolar
O Concello de Ribadumia convoca un ano mais as súas axudas para libros de texto e material escolar. Trátase dunha iniciativa do grupo de Goberno que pretende apoiar e axudar ás familias con menos recursos e compensar o gasto que supón a compra de novos libros de texto e do material no comezo do curso escolar.
As axudas están destinadas a infantil, primaria e secundaria, para o alumnado empadroado en Ribadumia e que estea matriculado nalgún centro do municipio durante o curso 2014-2015. A finalidade e promover o acceso en condicións de igualdade e previr o risco de fracaso escolar dos menores con escasos recursos económicos.
As contías establécense en 80€ para 2º ciclo de infantil dirixidos a compara de libros, material escolar e vestiario e de 70€ en Primaria e Secundaria para a compra de material escolar e vestiario.
Para poder recibir estas axudas os solicitantes non poden percibir outras polos mesmos conceptos, cumprir uns limites económicos que se establecen no 100% do SMI para dúas persoas, incrementando nun 20% por cada membro adicional.
As solicitudes poderanse presentar a partir da súa publicación no BOP, que se prevé para este semana, no Concello de Ribadumia en horario de 08:00 a 14:00 horas.











