publicidade hoxe

Rianxo acolle o espectáculo de maxia “Onde está o Mago Antón”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioRianxo
A-
A+

No marco do programa “Cultura no Camiño 2014”  promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria  a través do AGADIC.  Dirixida principalmente a público familiar.   Entrada  de balde.  Retiradade invitacións unha hora antes do espectáculo no propio Auditorio de Rianxo e ata cubrir aforo.

Organizado polo Concello de Rianxo, dentro do programa Cultura no Camiño 2014 da Xunta de Galicia. Neste espectáculo o mago máis famoso de Galicia e da Vía Láctea rende ao público coas súas aparicións e desaparicións -nesta ou noutra orde-, cos seus poderes mentais cartomáxicos e doutras castes, coas incribles manipulacións e transformacións do físico e do químico e con todo o saber retranqueiro de Farruco, o alter ego que acompaña ao mago Antón desde os máis remotos inicios. Un cita para todos os públicos, especialmente pensada como peche do curso e inicio do verán.Onde está o Mago Antón?

Onde está o Mago Antón?

Despois de doce anos nos que mantivo unha actividade intensa de produción de eventos e espectáculos máxicos, facendo só puntuais intervencións nos escenarios, o Mago Antón volve á primeira liña da escena para presentar, en dous formatos diferentes e pensados para distintos espazos de intervención, o seu novo espectáculo Onde está o Mago Antón?.

Esta nova produción supón unha volta ás súas orixes nas artes escénicas cun espectáculo caracterizado pola recuperación dalgún número dos inicios da súa carreira (entre outros a ventriloquía coa presenza do seu boneco, o labrego Facundo), e a incorporación dalgunhas das súas últimas e anovadoras creacións nas distintas especialidades máxicas: aparicións, desaparicións, levitacións, transformacións, mentalismo, manipulacións, cartomaxia…

Máis dunha hora de espectáculo concibido para todo tipo de público (de todas as idades e moi axeitado para grupos familiares: netos, pais, avós…) no que se suceden a un ritmo trepidante ducias de xogos de maxia, todos eles de creación propia do Mago Antón.

25 de xuño de 2014 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.