publicidade hoxe

Rianxo acolle a sesión de contacontos familiar ‘Antía, Wamba e o regato pequeno’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioRianxo
A-
A+

A Tropa de Trapo continúa en Rianxo a xira dos contos creados para o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A obra está protagonizada por Antía, unha nena galega, e Wamba, un mozo do Congo que se busca a vida vendendo de todo na rúa. Os contos del e as merendas dela fundiranse nunha amizade que lle aprenderá a Antía que compartir non é dar o que che sobra e que,como din na tribo de Wamba,o río énchese con regatos pequenos. Unha historia con música en directo para sensibilizar sobre a cooperación e a solidariedade, dirixida a público infantil e familiar. Marta Ortiz e Brais das Hortas son os seus artífices.

DÍA: VENRES 6 DE XUÑO
HORA: 19.00 HORAS
LUGAR: BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE RIANXO

6 de xuño de 2014 | 12:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.