Reyes Leis asegura sentir o apoio de Hernández para manterse como edil de Santiago
A número dous do actual aínda alcalde de Santiago de Compostela, Reyes Leis, asegurou que sente o “apoio” do futuro rexedor e por agora conselleiro, Agustín Hernández, para manterse como edil na corporación municipal da capital galega, ao tempo que apostou por que Ángel Currás tamén continúe coa súa acta tras dar o relevo no bastón de mando.
“Non teño ningún motivo para marchar”, asegurou, en resposta a varias preguntas dos xornalistas, Reyes Leis, quen admitiu que xa tivo unha conversación co que será o terceiro rexedor no que vai de mandato. Sobre o seu futuro equipo, sinalou que non coñece os detalles e manifestou, ademais, que entende que non “cree que deba” consultarse con ela.
Reyes Leis reafirmou o seu obxectivo de “traballar por Santiago”. “É para o que vin na candidatura de Conde Roa (que dimitiu tras ser imputado por un delito fiscal)”, remarcou o tenente de alcalde, quen subliñou que “estivo a traballar” con todos os seus compañeiros pola capital de Galicia.
“É un luxo traballar por ela (a cidade), sobre todo, nas áreas que fixen; seguirei cumprindo co compromiso”, incidiu Reyes Leis, quen destacou que está “avalada” polas urnas de maio de 2011 e quen asegurou que, ademais, é a súa “obriga”.
Así, e aínda que considerou que Hernández “evidentemente poderá manifestar a súa opinión” sobre a súa continuidade, ela se mostrou “contenta de traballar por Santiago” e seguirá facéndoo. “Sinto, ademais, que teño o apoio de Agustín Hernández como o tiven de todos os antecesores que estiveron, tanto Conde Roa como Currás”, asegurou, se ben posteriormente, preguntada por se tamén o actual alcalde ten o aval do futuro rexedor, dixo que de “apreciacións” alleas a ela non pode falar.
Reyes Leis indicou que xa mantiveron varias reunións con Agustín Hernández e que haberá outras, pero non quixo desvelar ningún detalle ao formar parte, dixo, do “ámbito privado”. “Se que ten a preocupación de continuar facendo proxectos en marcha e que ten moita ilusión por sacar adiante este goberno”, sinalou, en todo caso.
O actual tenente de alcalde remarcou que “sempre” tivo unha “boa relación” de traballo cos compañeiros alá onde estivo e considerou que “a xente ten que saber traballar en equipo”. Por iso, cando chegue estará “disposta a colaborar” cos novos membros do goberno local.
CONTINUIDADE DE CURRÁS
Sobre se se manterá Currás, que segue sen aclara o seu futuro na corporación, Reyes Leis tampouco quixo pronunciarse e apuntou que “son persoas independentes”, no que respecta a desligar a súa continuidade da do actual alcalde.
Con todo, ela lle dá o seu respaldo e, ademais, considera que poderá limpar mellor a súa “honra” permanecendo no goberno local. Neste sentido, mostrouse segura de que é “inocente” das dúas causas nas que actualmente está imputado, na ‘Operación Pokémon’ e na denuncia dun policía local.
Para Reyes Leis, Currás é un “compañeiro excepcional” e “está a ser un alcalde fantástico”, e indicou que ten a “sorte” de que se atopa “entre os seus amigos”, o cal “continuará máis alá do Pazo de Raxoi”.
“Manteño iso porque sei que o alcalde é inocente nas dúas causas”, sinalou, antes de expresar que está “convencida” de que “algunha desas imputacións desaparecerá” pronto e que “está máis que comprobado no sumario da Pokémon que da outra causa” tamén é inocente.
“MOI BO CANDIDATO”
Ademais, Reyes Leis -a única edil que mantén a súa acta, xunto a Currás, saída das urnas de maio de 2011 e que se mantivo á marxe das investigacións xudiciais que salpicaron ao Concello- considerou que Agustín Hernández é “sen ningunha dúbida” un “moi bo” candidato para 2015.
“Un político de moito prestixio e que fixo moito por Galicia; vén con moita ilusión e ganas de facer cousas”, describiu, tras o que non quixo aclarar se ela a vai membro dunha candidatura liderada polo actual conselleiro nas municipais do próximo ano.
Reyes Leis, sobre as conversacións con Hernández, dixo que abordou “temas que están enriba da mesa” e que “está encantado de ser o futuro alcalde de Santiago e de colaborar” con eles.
Entre as prioridades, dixo que hai “moitas”, pero recordou que “o goberno non parou de xestionar”, e dixo que proba diso é que este xoves se celebrou a xunta de goberno e que despois dela houbo mesas de contratación.
Por outro lado, confirmou a intención do Concello de que o pleno de renuncia dos sete edís condenados por prevaricación, xunto con Rebeca Domínguez -que dimitiu a semana pasada- está previsto que se celebre a principios da semana próxima. O aínda rexedor compostelano apuntou que sería o mércores como moi tarde.











