Retirada do lixo acumulado nas inmediacións do colexio A Rúa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Dende a concellería de Medio Ambiente procedeuse á retirada dos desperdicios despositados nas inmediacións do CEIP A Rúa de forma rápida e inmediata de xeito que a zona xa quedou limpa e en boas condicións.

O concelleiro deste área Jesús Graña afirma que se seguirá investigando para buscar aos responsables e cando os infractores sexan localizados tomaranse as medidas pertinentes.

Graña apela á conciencia cidadá á hora de realizar este tipo de actuacións xa que “ os veciños non teñen porque pagar as consecuencias da irresponsabilidade duns poucos”. Así mesmo pide á poboación a máxima colaboración e “en caso de observar este tipo de incidentes deben chamar directamente á Policía Local”.

23 de xuño de 2014 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.